A cociÑa galega de montaÑa

A cociÑa galega de montaÑa

Libro de texto A cociÑa galega de montaÑa


Resumen del Libro
Este libro preséntanos a elaboración culinaria dunha das zonas máis ricas e atractivas do noso país: a montaña. Da man de Gloria Gallego, xornalista madrileña de nacemento e galega de adopción, residente no Courel, os productos da montaña vannos abrindo os seus secretos alí onde un clima frío e duro elimina practicamente a diferencación entre pratos. Na montaña adóitanse tomar doces como entrantes e almorzos que semellan xantares pois o clima así o dicta. Sen embargo, o aproveitamento desta riquísima cociña na gastronomía moderna é enorme. Desde as carnes (especialmente a caza), os caldos, os peixes de río, a matanza, os preparados ó forno, as hortalizas (con especial atención á pataca), a castaña, os derivados lácteos, os doces e os licores, todo se plasma na alimentación cotiá e todo se recolle neste volume. A partir destes elementos, o presente libro está formado por máis de 100 receitas que Gloria Gallego preparou e presenta con sinxeleza e rigor ós lectores. Esta cociña está marcada polo seu carácter temporeiro (as patacas, os productos da matanza, as castañas, os grelos..). Esta é unha gastronomía de arca e artesa, enormemente nutritiva, de grande riqueza e de elaboración sinxela. O caldo de feixóns verdes, a zorza, as sardiñas con cachelos, o bacallao con patacas, o guiso de xabarín, as filloas, a bola sobada, a androia, o cocido, as empanadas, as patacas asadas no remol, o leite con castañas, o leite callado, a torta formeza, os queixos, as chulas, o arroz con leite, as papas de millo, o licor de amorodos, as sopas de burro canso, o viño quente e o café de pota estarán magnificamente servidos na mesa dos lectores.
A cociÑa galega de montaÑa


Título: A cociÑa galega de montaÑa
Autor: Gallego, Gloria
Editorial: Edicions Xerais
Año: 1998
Idioma: Gallego
Encuadernación: Cartone
ISBN: 8483022214
Datos técnicos:
Edición:
Plaza: Vigo
Comprar en CasadelLibro.com




Envia a un amigo/a | Hazte colaborador de Innatia | Colaboradores

.. Libros relacionados


¿Quieres publicar en Innatia?
Pincha Aquí

Suscríbete al boletín de novedades
¡GRATUITO!

Todos los boletines
Buscar | Mapa del Sitio | Anunciarse en este sitio | LSSI | Aviso Legal | Contáctenos | RSS 2.00 | © Innatia
View My Stats